A suma de Podemos, IU e as confluencias supera o PSOE, segundo o CIS. O PP volvería gañar as eleccións pero con menos apoio que en decembro.

A suma de Podemos, IU e as confluencias supera o PSOE, segundo o CIS. O PP volvería gañar as eleccións pero con menos apoio que en decembro.
Á venda as entradas para o Galicia-Venezuela do vindeiro 20 de maio. Os seleccionadores, Fran e Míchel Salgado, informan arestora da convocatoria da selección galega para o encontro. Toda a información, hoxe en Praza.
Esta é a convocatoria da selección galega de fútbol: Sergio Álvarez (Celta) e Diego Mariño (Levante). Mallo (Celta), Barragán (Valencia), Jonny (Celta), Bergantiños (Depor), Lago (Getafe), Angeliño (City). Trashorras (Rayo), Álex López (Sheffield), Domínguez (Deportivo), Mosquera (Deportivo), Fran Rico (Granada), Denís (Villarreal), Santi Mina (Valencia), Aspas (Celta), Falque (Roma), Lucas (Deportivo), Jota (Eibar) e Joselu (Stoke City).
Fran e Míchel Salgado son presentados arestora como adestradores da selección galega. Os técnicos avogan por un "Riazor cheo". Máis información, esta mañá en Praza.
Navantia Ferrol construirá dous novos buques para a Armada australiana. Pecha un contrato de 700 millóns por dous petroleiros de aprovisionamento de case 20.000 toneladas.
O 95% das axudas do rescate a Grecia (216.000 millóns de euros) serviu para pagar débedas e intereses aos bancos estranxeiros, segundo un estudo dun centro alemán
A RAG comparte na web o Vocabulario Castellano-Gallego das Irmandades da Fala, outro dos documentos que a Academia libera en liña co gallo do centenario desta histórica institución.
A trama corrupta de venda de armas coa garantía do Estado español esténdese xa a catro países. Segundo conta a Cadena SER, resta saber quen é a persoa alcumada "el Kin" ou "el Rey" dentro do entramado.
ERC gañaría as eleccións catalás e CDC podería ser terceira forza a costa de C's. O independentismo perdería dous puntos pero mantería a maioría no Parlament, segundo unha enquisa para El Periódico.
O nacionalismo logra unha histórica vitoria en Escocia cunha clara maioría e case o 50% dos votos. Plaid Cymru é segunda forza en Gales, onde o fascista UKIP aumenta o seu apoio.