Fran e Míchel Salgado son presentados arestora como adestradores da selección galega. Os técnicos avogan por un "Riazor cheo". Máis información, esta mañá en Praza.

Fran e Míchel Salgado son presentados arestora como adestradores da selección galega. Os técnicos avogan por un "Riazor cheo". Máis información, esta mañá en Praza.
Navantia Ferrol construirá dous novos buques para a Armada australiana. Pecha un contrato de 700 millóns por dous petroleiros de aprovisionamento de case 20.000 toneladas.
O 95% das axudas do rescate a Grecia (216.000 millóns de euros) serviu para pagar débedas e intereses aos bancos estranxeiros, segundo un estudo dun centro alemán
A RAG comparte na web o Vocabulario Castellano-Gallego das Irmandades da Fala, outro dos documentos que a Academia libera en liña co gallo do centenario desta histórica institución.
A trama corrupta de venda de armas coa garantía do Estado español esténdese xa a catro países. Segundo conta a Cadena SER, resta saber quen é a persoa alcumada "el Kin" ou "el Rey" dentro do entramado.
ERC gañaría as eleccións catalás e CDC podería ser terceira forza a costa de C's. O independentismo perdería dous puntos pero mantería a maioría no Parlament, segundo unha enquisa para El Periódico.
O nacionalismo logra unha histórica vitoria en Escocia cunha clara maioría e case o 50% dos votos. Plaid Cymru é segunda forza en Gales, onde o fascista UKIP aumenta o seu apoio.
O PP teme que a coalición Podemos-IU lle 'roube' seis deputados o 26-X. En Málaga, Las Palmas, Murcia, Ciudad Real, Teruel ou Zaragoza, os conservadores poderían perder un escano en favor da coalición de esquerda.
Un ataque aéreo mata polo menos 30 persoas nun campo de refuxiados de Siria. O asentamento foi golpeado tras fuxir dos bombardeos de Alepo.
A Fiscalía denuncia un funcionario de Urbanismo na Coruña por presunto suborno. O Concello, que puxo en coñecemento o caso, persónase como acusación particular.