A RAG comparte na web o Vocabulario Castellano-Gallego das Irmandades da Fala, outro dos documentos que a Academia libera en liña co gallo do centenario desta histórica institución.

A RAG comparte na web o Vocabulario Castellano-Gallego das Irmandades da Fala, outro dos documentos que a Academia libera en liña co gallo do centenario desta histórica institución.
A trama corrupta de venda de armas coa garantía do Estado español esténdese xa a catro países. Segundo conta a Cadena SER, resta saber quen é a persoa alcumada "el Kin" ou "el Rey" dentro do entramado.
ERC gañaría as eleccións catalás e CDC podería ser terceira forza a costa de C's. O independentismo perdería dous puntos pero mantería a maioría no Parlament, segundo unha enquisa para El Periódico.
O nacionalismo logra unha histórica vitoria en Escocia cunha clara maioría e case o 50% dos votos. Plaid Cymru é segunda forza en Gales, onde o fascista UKIP aumenta o seu apoio.
O PP teme que a coalición Podemos-IU lle 'roube' seis deputados o 26-X. En Málaga, Las Palmas, Murcia, Ciudad Real, Teruel ou Zaragoza, os conservadores poderían perder un escano en favor da coalición de esquerda.
Un ataque aéreo mata polo menos 30 persoas nun campo de refuxiados de Siria. O asentamento foi golpeado tras fuxir dos bombardeos de Alepo.
A Fiscalía denuncia un funcionario de Urbanismo na Coruña por presunto suborno. O Concello, que puxo en coñecemento o caso, persónase como acusación particular.
Feijóo mantén a incógnita sobre quen será o futuro secretario xeral do PPdeG. Participou nun acto con Agustín Hernández, ao que destacou como "un dos mellores políticos do PPdeG". Tamén soan José Manuel Rey Varela e Ángeles Vázquez
O 84,81% da militancia e simpatizantes de Esquerda Unida apoiaron a coalición electoral con Podemos e outras forzas, cun 10,48% de votos en contra, uns datos semellantes aos do conxunto de España (84,5% a favor, 13,1% en contra). Para a formación o resultado supón unha validación da "suma de forzas" de En Marea.
Méndez Romeu confirma a súa candidatura ás primarias do PSdeG. Gonzalo Caballero e Leiceaga xa o anunciaran e González Formoso desvelarao esta semana e carga contra o voceiro socialista no Parlamento. "O PSOE non é de voceiros de 60 e pico anos", di.