Compromiso por Galicia reclama a reapertura do centro médico de Leirado

Compromiso por Galicia reclama a reapertura do centro médico de Leirado
O voceiro do Goberno catalán, Francesc Homs, propón a celebración dunha consulta non vinculante de autodetermincación na que poidan votar os maiores de 16 anos.
A Plataforma de Afectados pola Hipoteca ameaza con "perseguir día e noite" os deputados que non apoien a ILP que pide a dación en pagamento
#consellodaxunta Feijóo proclama que "o único suxeito de soberanía que existe é o conxunto do pobo español" e acusa a Generalitat de Catalunya de "buscar inimigos exteriores" pola súa "incapacidade para xestionar"
#consellodaxunta A Xunta modifica a Lei de Comercio para adaptala ás reformas estatais. Inclúe a liberalización de horarios para comercios de menos de 300 metros cadrados.
Comeza o 10º Congreso Nacional de CCOO de Galicia. A conselleira de Traballo, Beatriz Mato, é unha das asistentes a un acto onde tamén está o secretario confederal do sindicato, Ignacio Fernández Toxo. Imaxe de @ccoogalicia.
A foto falsa de Hugo Chávez entubado e nunha sala de operacións, publicada e despois retirada por El País, puidolle custar ao xornal ao redor de 100.000 euros, entre os 80.000 de imprimir dúas veces o diario e os 20.000 da propia imaxe.
A Asociación Animalista Libera leva a cabo unha recollida de sinaturas para que Culleredo se convirta en Concello Amigo dos Animais, a través da restrición de espectáculos con seres vivos
España rolda os seis millóns de desempregados e desempregadas. O paro subiu en 187.300 persoas no cuarto trimestre de 2012, segundo datos da EPA, situándose en 5.965.400. O número de persoas ocupadas baixou en 363.300 personas, o que reduciu o número de ocupados até o seu nivel más baixo dende 2003. En Galicia hai 277 mil persoas sen emprego cunha taxa de paro do 21,3%.
Lugo é a cidade galega máis transparente, seguida de A Coruña, Santiago, e Ferrol, segundo un informe elaborado pola ONG Transparencia Internacional España. Vigo e Pontevedra ocupan os últimos postos, o mesmo que a Deputación de Ourense.