A prensa mexicana destaca que o titular de Enerxía "ignora o contrato de buque-hoteis" con estaleiros galegos. Algúns diarios levan ás súas portadas a polémica polos acordos entre Pemex e a Xunta.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/50686e53bbab8-60171_10151180810973706_1068210416_n.jpg)
A prensa mexicana destaca que o titular de Enerxía "ignora o contrato de buque-hoteis" con estaleiros galegos. Algúns diarios levan ás súas portadas a polémica polos acordos entre Pemex e a Xunta.
Pere Navarro, proclamado candidato do PSC para as eleccións catalás do 25N. Recibiu o apoio do 73% dos votos.
O Celta cae en Granada (2-1), nun partido no que mereceu moito máis. O gol de Iago Aspas non foi dabondo logo dun mal inicio que condenou os vigueses.
O sindicato policial pide dimisións pola carga de Atocha contra o 25S. "A actuación debería costarlle o cargo a alguén", asegura, segundo conta Público.
O BNG celebra esta mañá a súa convención nacional, como pistoletazo de saída da campaña e como celebración do seu trixésimo aniversario. No Palacio de Congresos de Galicia, en Compostela, están xa os principais dirixentes dos nacionalistas, que tamén contan co apoio, dende a primeira ringleira de asentos, do seu ex portavoz nacional, Anxo Quintana.
O Banco de España avisou en 2009 a Caja Madrid de que acumulaba hipotecas "mal concedidas no seu inicio", xa que eran destinadas a persas seningresos regulares ou "con soldos moi baixos e, polo tanto, con pouco excedente para vivir".
O Goberno non dedicará nin un peso á Memoria Histórica en 2013. Elimina calquera achega económica dos Orzamentos Xerais do Estado, logo de reducir as partidas nun 60% o ano pasado.
Artur Mas non lograría a maioría absoluta, segundo as tres enquisas publicadas este domingo na prensa. La Vanguardia déixao preto do seu obxectivo, El Mundo atribúelle un pequeno ascenso a CiU, mentres que La Razón asegura que descenderá o seu apoio. ERC ascendería nos tres casos nas vindeiras eleccións catalás.
Fútbol. O Lugo vence (2-0) ao Mirandés no Anxo Carro e suma xa nove puntos na Segunda División. Os goles lucenses foron anotados por Tonetto e Pablo Álvarez.
Máis dun milleiro de persoas volven concentrarse en Madrid neste #29S e convocados pola Coordinadora 25S. Imaxe de El Diario.