En menos de media hora comezan as primeiras das oito concentracións convocadas polo BNG "na defensa do aborto libre e gratuíto".

En menos de media hora comezan as primeiras das oito concentracións convocadas polo BNG "na defensa do aborto libre e gratuíto".
Rajoy non logra un acordo entre os líderes autonómicos do PP sobre o reparto do déficit público. Segundo recolle a Cadena SER, os conservadores danse un mes para poñerse de acordo.
Os alumnos e alumnas do CPI dos Dices de Rois elaboraron un completo Telexornal dedicado a Roberto Vidal Bolaño
O Centro Ágora da Coruña acolleu esta fin de semana a primeira fase dos Paseos polo barrio enmarcados no proxecto Música en Branco: unha actividade de sendeirismo urbano que se materializará en catro rutas diferentes para conectar o barrio da Agra con distintos puntos da cidade.
Feijóo participa a esta hora en Madrid nun xantar con Rajoy e o resto de líderes autonómicos do PP. A cita ten como finalidade tentar harmonizar posturas ante as discrepancias internas polo financiamento autonómico.
Daniel Raventós e Julie Wark publican en Sin Permiso Un alegato republicano pola Renda Básica: "podería ser a base para unha economía republicana e democrática que liberase todos os cidadáns e cidadás da mercantilización do traballo e aumentase o poder de negociación dos traballadores".
Esquerda Plural e BNG propoñen no Congreso unha reforma constitucional para elixir deputados por comunidades. Tamén se propón a supresión dos umbrais mínimos para acceder ao reparto de escanos e a elección de todos os senadores polos parlamentos autonómicos.
Izquierda Unida e o Parti de Gauche organizan este luns en Madrid un acto "contra a Troika" coa participación de Cayo Lara e Jean-Luc Mélenchon.
Os eurodeputados que visitaron Galicia hai tres meses para analizar as denuncias sobre a situación das rías presentan o informe da súa visita, no que constata a necesidade de rexeneralas, o atraso da Xunta no proceso de saneamento e a situación especial na que se atopa a de Ferrol.