Protesta contra a reforma da lei do aborto no pleno do Concello de Vigo. A plataforma polo dereito ao aborto da cidade expresou o seu rexeitamento ás intencións do Goberno central.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/526e50518ccf2-561613_533120300099341_665736409_n.jpg)
Protesta contra a reforma da lei do aborto no pleno do Concello de Vigo. A plataforma polo dereito ao aborto da cidade expresou o seu rexeitamento ás intencións do Goberno central.
Blusens Technology, a central de compras da multinacional tecnolóxica galega, solicita o concurso voluntario de acredores. Cóntao Economía Digital
A Xunta 'ficha' axencias de colocación para buscar traballo aos desempregados. Traballo derivará xestións a empresas a través de convenios.
O proceso soberanista reforza ERC e dispara a Ciutadans, segundo unha enquisa de El Periódico. Os republicanos gañarían máis de quince escanos no Parlament.
Joaquim Lleixà analiza en Sin Permiso a crise do estado autonómico a través do proceso soberanista en Catalunya: "o problema catalán, agora coma no século precedente, é o problema de España, o problema da construción dun Estado"
Libération dedícalle a súa portada a Lou Reed
A morte dun menor nunha batida en Ribas de Miño reabre o debate sobre a idade mínima para poder cazar. Libera pide que se eleva aos 18 anos.
Arias Cañete ve "enriquecedor" que os mozos saian ao exterior e que volvan porque "aquí se vive mellor con menos cartos"
Os candidatos afíns a Kirchner perden nos cinco principais distritos nas eleccións arxentinas, pero conservan a maioría no Parlamento. En Bos Aires gañou con claridade Sergio Massa, ex xefe de Gabinete de Cristina Fernández e na actualidade enfrontado a ela
Denuncian que a reforma do Código Penal levada a cabo por Gallardón "non xulga que fixeches, senón quen es" e que o novo texto criminaliza a protesta social ou a axuda ás persoas sen papeis