Centros de ensino e colectivos sociais penduraron esta mañá faixas do enreixado de Navantia, completando a Carga de Dignidade do pasado día 2, e chamando a participar na folga xeral comarcal que terá lugar este mércores 12.

Centros de ensino e colectivos sociais penduraron esta mañá faixas do enreixado de Navantia, completando a Carga de Dignidade do pasado día 2, e chamando a participar na folga xeral comarcal que terá lugar este mércores 12.
O economista grego Yanis Varoufakis salienta o malestar do FMI coas políticas alemás e propón que os países do sur de Europa fagan presión xunto co Fondo para restarlle poder á banca e ao goberno xermanos.
Abandona UPyD o que fora o seu candidato á Xunta, José Canedo. Acusa a formación de Rosa Díez de non desenvolver actividade política ningunha agás "entreterse en organigramas internos" e dar "protagonismo a entidades como Galicia Bilingüe". En Galiciaé.
A empresa Inaer é, finalmente, a adxudicataria da privatización das brigadas helitransportadas antiincendios. É a mesma compañía que xestiona o salvamento marítimo da Xunta.
O PP paga o aluguer dun piso no que vive González Pons a una empresa vinculada á Gürtel, segundo publica El Diario.
Ramón Nicolás publica no seu Caderno da crítica unha entrevista con Xabier López, gañador do Premio Xerais de Novela: "En Cadeas o lector ten que tomar parte"
Ferraz cre que Madina e Chacón unirán as súas forzas e irán en támden ás primarias socialistas, segundo Vozpopuli.
O FROB propón que o proceso de venda de Novagalicia Banco se faga de inmediato. Aposta por unha rápida privatización nunha poxa pública para evitar o deterioro. Castellano propón que fondos extranxeiros merquen o 51% do capital e seguir el como presidente
A banca non intervida vende os seus pisos a prezos máis baixos que a Sareb
Ao longo da madrugada e despois dun longo reconto, anunciáronse as persoas escollidas pola militancia de Anova para formar parte da Coordinadora Nacional