O economista grego Yanis Varoufakis salienta o malestar do FMI coas políticas alemás e propón que os países do sur de Europa fagan presión xunto co Fondo para restarlle poder á banca e ao goberno xermanos.
Fálase
Abandona UPyD o que fora o seu candidato á Xunta, José Canedo. Acusa a formación de Rosa Díez de non desenvolver actividade política ningunha agás "entreterse en organigramas internos" e dar "protagonismo a entidades como Galicia Bilingüe". En Galiciaé.
A empresa Inaer é, finalmente, a adxudicataria da privatización das brigadas helitransportadas antiincendios. É a mesma compañía que xestiona o salvamento marítimo da Xunta.
O PP paga o aluguer dun piso no que vive González Pons a una empresa vinculada á Gürtel, segundo publica El Diario.
Ramón Nicolás publica no seu Caderno da crítica unha entrevista con Xabier López, gañador do Premio Xerais de Novela: "En Cadeas o lector ten que tomar parte"
Ferraz cre que Madina e Chacón unirán as súas forzas e irán en támden ás primarias socialistas, segundo Vozpopuli.
O FROB propón que o proceso de venda de Novagalicia Banco se faga de inmediato. Aposta por unha rápida privatización nunha poxa pública para evitar o deterioro. Castellano propón que fondos extranxeiros merquen o 51% do capital e seguir el como presidente
A banca non intervida vende os seus pisos a prezos máis baixos que a Sareb
Ao longo da madrugada e despois dun longo reconto, anunciáronse as persoas escollidas pola militancia de Anova para formar parte da Coordinadora Nacional
Yolanda Díaz ve necesarias "máis voces críticas da esquerda" para combater "o neofascismo do PP".