O Goberno central rescatará en febreiro as autoestradas de peaxe asumindo unhas perdas de polo menos 2.000 millóns.
Fálase
Feijóo asegura que no PPdeG hai persoas "que poden optar perfectamente" a substituílo na candidatura á Xunta e que a súa remuda será "máis fácil" que a de Fraga. O criterio que debera primar, agrega, é a "experiencia" na xestión pública e a decisión será tomada "no último ano da lexislatura", que remata en 2020.
O ministro do Interior defende no Senado as cargas policiais do 1-O en Catalunya como "lexítimas, profesionais e proporcionadas". eldiario.es está a contar a comparecencia de Zoido, na que recoñeceu que o despregamento policial para frear o referendo custou uns 87 millóns de euros.
Tras a xornada de alerta vermella do mércores este xoves a situación no litoral do país mellora, aínda que continúa o aviso amarelo, como advirte Meteogalicia
Aprobados inicialmente os orzamentos do Concello de Santiago cos votos a favor de Compostela Aberta, a abstención de PSdeG e BNG e o voto en contra do PP. A capital galega únese a Vigo, Pontevedra e A Coruña, cidades coas contas xa aprobadas neste primeiro mes de 2018.
VÍDEO | Os efectos da alerta vermella nótanse con forza no litoral da Coruña e Lugo. Ondas de ata dez metros están golpeando a costa durante esta tarde.
Roger Torrent, elixido novo presidente do Parlament, chama a "poñer fin" á intervención do Estado co 155 e a "restituír plenamente" as institucións catalás no seu primeiro discurso no cargo.
O ex-secretario de organización do PPdeG insinúa novas revelacións contra o seu ex-partido para rebaixar a súa condena no xuízo da póla valenciana do caso Gürtel. O procedemento foi suspendido esta mañá para que a defensa de Pablo Crespo e mais a do 'Bigotes' negocien coa Fiscalía. Está a contalo eldiario.es dende València
O PP cualifica de "analfabeto funcional" ao alcalde de Lalín, Rafael Cuiña. Afirmouno o ex-rexedor José Crespo, actual voceiro local da formación conservadora e senador, por pedir a súa comparecencia a respecto da situación dun auditorio na vila. Recólleo Faro de Vigo
A alerta vermella atinxe este mércores ao litoral das provincias da Coruña e Lugo e a laranxa continúa activa na de Pontevedra. Meteogalicia prevé ondas de ata 8 metros na costa norte.