Roger Torrent, elixido novo presidente do Parlament, chama a "poñer fin" á intervención do Estado co 155 e a "restituír plenamente" as institucións catalás no seu primeiro discurso no cargo.
Fálase
O ex-secretario de organización do PPdeG insinúa novas revelacións contra o seu ex-partido para rebaixar a súa condena no xuízo da póla valenciana do caso Gürtel. O procedemento foi suspendido esta mañá para que a defensa de Pablo Crespo e mais a do 'Bigotes' negocien coa Fiscalía. Está a contalo eldiario.es dende València
O PP cualifica de "analfabeto funcional" ao alcalde de Lalín, Rafael Cuiña. Afirmouno o ex-rexedor José Crespo, actual voceiro local da formación conservadora e senador, por pedir a súa comparecencia a respecto da situación dun auditorio na vila. Recólleo Faro de Vigo
A alerta vermella atinxe este mércores ao litoral das provincias da Coruña e Lugo e a laranxa continúa activa na de Pontevedra. Meteogalicia prevé ondas de ata 8 metros na costa norte.
O Parlament de Catalunya celebra dende as 11 a súa sesión constituínte, na que previsiblemente Roger Torrent (ERC) será elixido como novo presidente da Cámara. A constitución do lexislativo abre un período de 10 días para a presentación de candidaturas á presidencia do Goberno da Generalitat.
De Guindos comparece na comisión sobre a crise financeira sen mencionar Lehman Brothers, banco para o que traballou e que estivo no xermolo do estourido das dificultades económicas na pasada década.
A Xunta encarga a construción de dúas patrulleiras para Gardacostas de Galicia por 1,8 millóns de euros. As súas dimensión, entre 15 e 17 metros de eslora e 5 de manga, serán similares a dúas das embarcacións de que xa dispón, Punta Roncadoira e Punta Festiñanzo. Gardacostas conta cunha vintena de lanchas menores e con catro barcos maiores cuxa xestión a través da empresa Remolcanosa vén prorrogando desde hai unha década por 6 millóns ao ano.
Roger Torrent (ERC) perfílase como novo presidente do Parlament de Catalunya. É o elixido por Esquerra para o posto, que se elixe este xoves no marco da constitución do novo lexislativo catalán e do seu órgano reitor, no que as formacións soberanistas teñen maioría.
O Parlamento Europeo vota finalmente contra a pesca con descargas eléctricas tras saír adiante as emendas contrarias a esta controvertida práctica á que abría a porta a proposta da Comisión.
O público de Fervenzas Literarias elixe Sermos Galiza como mellor medio de comunicación de 2017. Praza Pública foi desta volta o segundo medio máis valorado na votación organizada cada ano por esta revista literaria.