A economía da zona euro cae un 0,2% e encadea ano e medio en recesión.
Fálase
O FROB estuda vender Novagalicia Banco no próximo outono.
O PP vota no Parlamento en contra da saída de Ence da ría antes de 2018. O portavoz popular acusa a oposición de "estar obsesionada" coa empresa
Novagalicia gaña 21 millóns de euros no primeiro trimestre pero non frea a fuga de depósitos: perdeu 2.428 millóns até marzo
Extremadura compensa o IVA cultural con subvencións a entradas a espectáculos. O goberno de Monago destina 500.000 euros para contarrestar a suba do imposto
Izquierda Plural propón declarar o 18 de xullo como día de condena do franquismo. "España segue pendente dun debate público e profundo sobre as violacións sistemáticas dos dereitos humanos e sobre os crímes cometidos baixo a ditadura de Franco", di a iniciativa.
O PP perdería a alcaldía de Madrid se hoxe houbese eleccións, segundo unha enquisa de El País. Os populares perderían 10 concelleiros e IU duplicaría os seus resultados.
O BNG preguntará ao Goberno polo veto ás bandeiras nacionalistas galegas dos afeccionados do Deportivo en Valladolid. Anunciouno a deputada Rosana Pérez.
Este martes estréase nos cines El Cosmonauta, o primeiro filme español rodado grazas ao crowdfunding. Conta con ao redor de 4.500 investidores, que achegaron dende dous euros até uns poucos centos.
Os traballadores de La Voz de Galicia viven este martes unha "xornada de loito" pola "pretensión da empresa" de non aplicar o convenio colectivo. A empresa pode propoñer unha forte redución de salarios e pluses.