O medo ao despedimento e a perder salario afunde as baixas laborais, segundo informa El Periódico.
Fálase
Resultados da terceira división galega de fútbol
Betanzos 1 - 0 Vilalonga
Somozas 2 - 2 Pontevedra
Narón Balompé 1 - 3 Celta B
Céltiga 2 - 2 Barbadás
Negreira 3 - 2 Bergantiños
Racing Vilalbés 1 - 1 Ordes
Cerceda 2 - 0 As Pontes
Alondras 0 - 0 Compostela
Rápido de Bouzas 2 - 1 Dorneda
Deportivo B 0 - 0 Racing de FerrolMilleiros de persoas manifestáronse hoxe en Ferrol na defensa da sanidade pública
O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, ofrece a súa visión sobre o matrimonio homosexual e sentenza que "non garante a pervivencia da especie". El Mundo recolle as súas declaracións.
A presidenta das Nuevas Generaciones do PP, Beatriz Jurado, asegura "entender aos do 15M" pero ela é "máis de traballar que de berrar". Afírmao nunha entrevista en El Diario.
O Obradoiro vénse de impoñer ao CAI Zaragoza no Fontes do Sar por 72-64
A esta hora remata na Praza de Praterías de Compostela a manifestación contra a corrupción e a prol da soberanía de Galicia. A información, esta tarde en Praza.
O Concello da Coruña adxudicoulle o redeseño da súa área urbana a un ex socio de Urdangarín, segundo revela este domingo El País
Este mediodía celébrase en Santiago unha manifestación "contra a corrupción e en defensa dos dereitos sociais e nacionais". Convócana o BNG, o CCPI, a CIG, COG, FRUGA, MPB, Nós-UP, AGIR, AMI, BRIGA, os Comités, Galiza Nova, ISCA! e a Liga Estudantil Galega.
Milleiros de persoas manifestáronse onte nas principais cidades de Portugal contra os recortes impostos pola troika e aplicados polo Goberno de Passos Coelho. O xornal Público relata a xornada baixo o título Muitas marés, uma só vaga de descontentamento. Nas marchas estivo moi presente o espírito do 25 de Abril e entoouse Grândola, vila morena, como recolle este vídeo.