Este mércores reúnense na Moncloa Rajoy e Puigdemont, unha xuntanza na que o presidente catalán porá sobre a mesa o plan independentista
Fálase
El Diario entrevista a Mario Cortés, ex enfermo de hepatite que fundou a plataforma de afectados que logrou que o Goberno financiase os tratamentos de última xeración. Di que "os políticos foron responsables de moitas mortes por hepatite C" e que "os enfermos deben reclamar e, se fai falla, ocupar"
Cómodas vitorias de Trump e Clinton nas primarias do estado de Nova York. Os dous candidatos afianzanas súas vantaxes sobre Cruz e Sanders, á espera do vindeiro martes, no que están en xogo outros cinco estados, entre eles Pensilvania.
O pleno do Congreso debaterá a creación da comisión de investigación do accidente de Angrois, segundo vén de anunciar Alexandra Fernández (En Marea). A única oposición ao debate foi a do PP, que ve "absurdo" crear a comisión. Máis información, hoxe en Praza.
O Goberno central condecora a Leopoldo Rubido, alcalde de Cedeira dende o franquismo e en dúas etapas máis co PP, ata 2013. O exrexedor foi coñecido por erguer un monolito en honra de Franco ou por cederlle un albergue municipal a unha organización a prol da ditadura. Cóntao El BOE nuestro de cada día
A poxa dos terreos do Campo da Estrada (Maestranza), na Coruña, podería quedar deserta. O prazo para presentar ofertas rematou o venres e só constaba a oferta simbólica de 1 euro presentada pola veciñanza da zona, que non chega ao mínimo demandado polo Ministerio de Defensa, que esperaba vender as parcelas por 24,8 millóns. O Concello pide que se manteña o carácter público do espazo
Oliver Laxe competirá con Mimosas, a súa segunda longametraxe, na Semana da Crítica de Cannes. Todos vós sodes capitáns gañou o premio da crítica internacional (Fipresci) no festival francés en 2010.
A xuntanza da OPEP en Doha rematou sen un acordo para conxelar a produción que podería estabilizar os prezos, no medio dunha gran tensión entre Arabia e Irán
8.299 persoas participaron en Galicia na consulta celebrada por Podemos a pasada semana, o 74% do seu censo activo (11.252) e o 40% do seu censo total de inscritos e inscritas (20.676). As cifras son moi superiores ás do proceso polo que se renovaron os cargos internos da formación, hai unhas semanas, no que votaron 3.223 persoas
Aumenta a 413 o número de mortes provocadas polo terremoto de Ecuador e hai aínda máis de 200 persoas desaparecidas, ademais de máis de dúas mil feridas