A poxa dos terreos do Campo da Estrada (Maestranza), na Coruña, podería quedar deserta. O prazo para presentar ofertas rematou o venres e só constaba a oferta simbólica de 1 euro presentada pola veciñanza da zona, que non chega ao mínimo demandado polo Ministerio de Defensa, que esperaba vender as parcelas por 24,8 millóns. O Concello pide que se manteña o carácter público do espazo
Fálase
Oliver Laxe competirá con Mimosas, a súa segunda longametraxe, na Semana da Crítica de Cannes. Todos vós sodes capitáns gañou o premio da crítica internacional (Fipresci) no festival francés en 2010.
A xuntanza da OPEP en Doha rematou sen un acordo para conxelar a produción que podería estabilizar os prezos, no medio dunha gran tensión entre Arabia e Irán
8.299 persoas participaron en Galicia na consulta celebrada por Podemos a pasada semana, o 74% do seu censo activo (11.252) e o 40% do seu censo total de inscritos e inscritas (20.676). As cifras son moi superiores ás do proceso polo que se renovaron os cargos internos da formación, hai unhas semanas, no que votaron 3.223 persoas
Aumenta a 413 o número de mortes provocadas polo terremoto de Ecuador e hai aínda máis de 200 persoas desaparecidas, ademais de máis de dúas mil feridas
Un estudo do Observatorio Corporativo Europeo analiza cinco coñecidos casos de demandas de empresas a distintos países para probar os efectos que tería nesas situacións o TTIP e o mecanismo de solución de litixios apoiado polo Parlamento europeo (o ICS), concluíndo que os Estados terían que pagar indemnizacións multimillonarias ás compañías por querer limitar certas actividades
Informes incorporados á causa contra a Xunta polas mortes por hepatite demostran que varios médicos alertaron o Sergas de que estaban prescribindo fármacos "non axeitados" ao non dispoñer do Sovaldi
O Concello de Agolada
Nos últimos meses presentáronse en localidades de todo o Estado ducias de mocións para declarar a laicidade dos concellos, eliminando toda simboloxía relixiosa e suprimindo as subvencións públicas e beneficios fiscais para a Igrexa, sendo aprobadas en Gijón, Mieres, Langreo, Sagunto ou Rivas e xerando unha forte reacción noutros lugares
Un barco con 400 inmigrantes -a maioría somalíes, etíopes e eritreos- naufraga no Mediterráneo pouco despois de deixar a costa exipcia en dirección a Italia. De momento só se puido rescatar a 29 persoas. Este luns fai un ano do naufraxio no que morreron 800 persoas fronte ás costas de Libia. Amnistía Internacional alerta da situación dos máis de 46.000 refuxiados/as "atrapados/as" en condicións "miserables" en Grecia e critica a política da UE.