Nos últimos meses presentáronse en localidades de todo o Estado ducias de mocións para declarar a laicidade dos concellos, eliminando toda simboloxía relixiosa e suprimindo as subvencións públicas e beneficios fiscais para a Igrexa, sendo aprobadas en Gijón, Mieres, Langreo, Sagunto ou Rivas e xerando unha forte reacción noutros lugares
Fálase
Un barco con 400 inmigrantes -a maioría somalíes, etíopes e eritreos- naufraga no Mediterráneo pouco despois de deixar a costa exipcia en dirección a Italia. De momento só se puido rescatar a 29 persoas. Este luns fai un ano do naufraxio no que morreron 800 persoas fronte ás costas de Libia. Amnistía Internacional alerta da situación dos máis de 46.000 refuxiados/as "atrapados/as" en condicións "miserables" en Grecia e critica a política da UE.
O 82% das persoas inscritas en Podemos que votaron na consulta interna do partido rexeitan apoiar o pacto de PSOE e Ciudadanos.
Ana Pontón confirma que optará a ser candidata do BNG á Presidencia da Xunta. A información, hoxe en Praza.
A baixa participación (32%, cando o mínimo esixido era o 50%) fai fracasar o referendo convocado en Italia que buscaba prohibir novas prospeccións petrolíferas no mar.
A actual Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Cabral gaña por 60 votos as eleccións celebradas este domingo, con acusacións por parte da oposición de "manipulacións do censo". A vitoria de Luís Rodríguez, sinala Faro de Vigo, mantén vivo o proxecto de Porto Cabral.
Este luns a partir das 18.30 horas as PAH convocan cazoladas fronte ás sedes do PP en toda España para protestar contra a intención do Goberno en funcións de levar ao Tribunal Constitucional a Lei 24/2015 contra a emerxencia habitacional e a pobreza enerxética aprobada o pasado ano por unanimidade polo Parlamento catalán. En Galicia a única convocatoria confirmada é a de Pontevedra.
A gala dos III Premios Martín Códax da Música xa conta con vídeo promocional, a cargo da compañía de teatro a Panadaría, que tamén dirixirá a cerimonia, que se celebrará en Pontevedra o vindeiro 28 de abril
O Congreso brasileiro aproba, tras un debate de seis horas, iniciar o proceso de destitución de Dilma Rousseff por 367 votos a favor e 137 en contra. Agora deberá pronunciarse o Senado.
Remata a xornada na Terceira galega. O Boiro encabeza a clasificación
Silva 1 0 Bergantiños
Galicia Mugardos 1 2 Cerceda
Verín 0 2 Noia
Barbadás 1 3 Ribadumia
Choco 0 0 Barco
Negreira 2 3 Deportivo B
Ordes 0 1 Racing Vilalbés
As Pontes 1 2 Alondras
Boiro 3 0 Ribadeo
Arousa 4 2 Rápido de Bouzas