Un barco con 400 inmigrantes -a maioría somalíes, etíopes e eritreos- naufraga no Mediterráneo pouco despois de deixar a costa exipcia en dirección a Italia. De momento só se puido rescatar a 29 persoas. Este luns fai un ano do naufraxio no que morreron 800 persoas fronte ás costas de Libia. Amnistía Internacional alerta da situación dos máis de 46.000 refuxiados/as "atrapados/as" en condicións "miserables" en Grecia e critica a política da UE.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5714ed025aa77-momento-que-varios-inmigrantes-son-rescatados-lunes-alta-mar-cerca-costa-italiana-1460986340221.jpg)