Rey Varela esgrime que o PP segue a ser o "partido preferido" de Galicia malia ao devalo nas xerais e apela ao "sentido común" para esixir que se permita gobernar aos populares. Recólleo El Progreso
Fálase
Un incendio declarado a pasada noite na Merca queimou xa unhas 23 hectáreas. Previamente, a Xunta dera por extinguido outro que afectou a máis de 150 hectáreas en Carballeda de Valdeorras.
Os líderes territoriais do PSOE fían unha eventual negociación con Podemos á renuncia ao referendo catalán. Recólleo eldiario.es
Empate a 1515 votos na asemblea da CUP para decidir se inviste ou non a Mas. A formación convoca as asembleas territoriais e o consello político e tomará a decisión definitiva o 2 de xaneiro.
Manuel Martínez esixe un despacho dun administrativo na Deputación de Lugo. O deputado non adscrito tamén quere dedicación exclusiva.
O 'non' a Artur Mas tamén vence na segunda votación da CUP co 49,8%. A decisión definitiva depende dunha terceira votación da asemblea da formación independentista.
A asemblea da CUP rexeita a investidura de Mas na primeira votación, pero aínda non decidiu definitivamente. Desbota a opción de absterse na investidura do president en funcións.
O emprego en Galicia caeu máis do 17% pero o PIB baixa un 8% nos seis anos de recesión.
Besteiro di que o 20D "lanzou unha mensaxe de cambio á esquerda" e di "non temer aventurismos". Faino nunha entrevista no Faro de Vigo, onde Beiras insiste en que "a liña vermella para apoiar o PSOE é o dereito de autodeterminación".
Pedro Sánchez reúnese cos baróns socialistas na busca dunhas condicións a un posible pacto con Podemos. A cita é previa ao comité federal que se celebrará este luns.