O emprego en Galicia caeu máis do 17% pero o PIB baixa un 8% nos seis anos de recesión.
Fálase
Besteiro di que o 20D "lanzou unha mensaxe de cambio á esquerda" e di "non temer aventurismos". Faino nunha entrevista no Faro de Vigo, onde Beiras insiste en que "a liña vermella para apoiar o PSOE é o dereito de autodeterminación".
Pedro Sánchez reúnese cos baróns socialistas na busca dunhas condicións a un posible pacto con Podemos. A cita é previa ao comité federal que se celebrará este luns.
El País dedica unha reportaxe ao empresario galego Gerard López. O home orixinario de Riotorto busca agora posibilidades de negocio no Ártico.
Galicia acumula tres anos seguidos sen sumar unha nova potencia eólica. A fin das primas conxela os investimentos e a apertura de parques e o país ten os mesmos megavatios instalados que en 2013.
A CUP afronta a súa asemblea máis importante e decide se inviste ou non a Mas. Máis de 3.500 escritos votarán hoxe tres propostas, das que dúas implican non investir o actual presidente en funcións da Generalitat.
Unha manifestación a prol da oficialidade da selección galega percorre Compostela. Un combinado galego xogará contra outro de Senegal a partir das 20 horas.
PP, PSOE e Ciudadanos únense para gabar o discurso de El-Rei, que rexeitan Podemos e outras forzas nacionalistas e de esquerdas. Filipe IV advirte aos independentistas das hipotéticas consecuencias de "rachar a lei".
Pedro Sánchez busca un pacto de esquerdas que non inclúa a consulta catalá. O líder socialista pretende así contentar os baróns rexionais, pero Podemos insiste en que o referendo é innegociable.
Este venres Praza non se actualizará por descanso da redacción. Volvemos o sábado. Boas festas!