Pedro Sánchez busca un pacto de esquerdas que non inclúa a consulta catalá. O líder socialista pretende así contentar os baróns rexionais, pero Podemos insiste en que o referendo é innegociable.
Fálase
Este venres Praza non se actualizará por descanso da redacción. Volvemos o sábado. Boas festas!
O bispo de Córdoba, Demetrio Fernández, afirma na súa carta semanal que "canto máis varón sexa o varón, mellor para todos na casa. El achega a cobertura, a protección e a seguridade. O varón é signo de fortaleza, representa a autoridade que axuda a crecer". Fernández tamén critica a fecundación in vitro, que cualifica de "aquelarre químico de laboratorio"
Politikon publica un kit para a cea de nadal, con enlaces que explican cuestións como o efecto do sistema electoral, os gobernos de coalición, as enquisas, as políticas de emprego ou a corrupción en España. Para axudar con certas preguntas ou debates que poidan xurdir.
VÍDEO Así prometeu Albert Rivera non pactar con PP nin PSOE. Agora pide un pacto con ambos e, asemade, que sexa para toda a lexislatura, algo que tamén comprometeu que non faría. Podes velo nesta ligazón
A Conferencia Episcopal reclama que o PSOE permita un goberno do PP mediante a abstención como forma de "colaboración".
Dirixentes territoriais do PSOE apostan por evitar un pacto que convirta a Sánchez en presidente e promover así a súa marcha do liderado do PSOE. Cóntao eldiario.es
O PP mantense como primeira forza no voto emigrante galego. En Marea foi a segunda forza na Coruña e Pontevedra e o PSOE, en Lugo e Ourense, segundo informa Europa Press. Votaron 11.084 persoas das 23.306 que o solicitaran.
Sánchez trasládalle a Rajoy que non o apoiará e aposta por un "goberno de cambio". Cóntao eldiario.es
O maxistrado Fernando Andreu propón xulgar a Rato, Blesa e outros 64 directivos de Caja Madrid e Bankia polo caso das tarxetas black. Segundo o xuíz, "existen indicios fundados de criminalidade"