Politikon publica un kit para a cea de nadal, con enlaces que explican cuestións como o efecto do sistema electoral, os gobernos de coalición, as enquisas, as políticas de emprego ou a corrupción en España. Para axudar con certas preguntas ou debates que poidan xurdir.
Fálase
VÍDEO Así prometeu Albert Rivera non pactar con PP nin PSOE. Agora pide un pacto con ambos e, asemade, que sexa para toda a lexislatura, algo que tamén comprometeu que non faría. Podes velo nesta ligazón
A Conferencia Episcopal reclama que o PSOE permita un goberno do PP mediante a abstención como forma de "colaboración".
Dirixentes territoriais do PSOE apostan por evitar un pacto que convirta a Sánchez en presidente e promover así a súa marcha do liderado do PSOE. Cóntao eldiario.es
O PP mantense como primeira forza no voto emigrante galego. En Marea foi a segunda forza na Coruña e Pontevedra e o PSOE, en Lugo e Ourense, segundo informa Europa Press. Votaron 11.084 persoas das 23.306 que o solicitaran.
Sánchez trasládalle a Rajoy que non o apoiará e aposta por un "goberno de cambio". Cóntao eldiario.es
O maxistrado Fernando Andreu propón xulgar a Rato, Blesa e outros 64 directivos de Caja Madrid e Bankia polo caso das tarxetas black. Segundo o xuíz, "existen indicios fundados de criminalidade"
Pedro Sánchez está a comparecer na sede do PSOE para dar conta do curto encontro que mantivo con Mariano Rajoy en Moncloa. O líder dos socialistas reafirma que o seu partido non vai apoiar a continuidade do PP á fronte do Goberno. Rexeita a convocatoria de novas eleccións e sinala que neste momento é responsabilidade dos populares tentar sumar unha maioría pero que os socialistas van explorar "todas as opcións" para que haxa un goberno de cambio. Propón, ademais, que o PSOE presida o Congreso.
Rivera pide agora unha alianza con PP e PSOE tras asegurar en campaña que non os apoiaría. Recólleo eldiario.es
Varios medios de comunicación avogan por un acordo entre PP, PSOE e Ciudadanos. Nun editorial, El Mundo pide "un pacto por riba dos intereses dos partidos" para permitir que goberne Rajoy, sinalando que "non hai outra alternativa se queremos evitar que España se sumerxa nun escenario de desgoberno e inestabilidade". Expansión leva á súa portada as declaracións de 12 ex ministros e empresarios a prol do acordo.