Rivera pide agora unha alianza con PP e PSOE tras asegurar en campaña que non os apoiaría. Recólleo eldiario.es
Fálase
Varios medios de comunicación avogan por un acordo entre PP, PSOE e Ciudadanos. Nun editorial, El Mundo pide "un pacto por riba dos intereses dos partidos" para permitir que goberne Rajoy, sinalando que "non hai outra alternativa se queremos evitar que España se sumerxa nun escenario de desgoberno e inestabilidade". Expansión leva á súa portada as declaracións de 12 ex ministros e empresarios a prol do acordo.
As Xuntas Electorais provinciais realizarán este mércores o escrutinio definitivo dos comicios do 20D, incluído o voto CERA
Ás 12 horas comeza a xuntanza entre Rajoy e Sánchez na Moncloa, na que o líder dos populares buscará o acordo cos socialistas para poder ser investido presidente. Ofreceralles a presidente do Congreso e pode que do Senado e mesmo -como publica El País- a posibilidade dunha reforma constitucional.
O PSdeG-PSOE sinala que as contas da Xunta para o ano 2016 “non cadran” ao ofrecer ao mesmo tempo menos ingresos e máis gastos. Así o dixo, Juan Carlos González Santín, portavoz de Facenda, no debate final dos orzamentos para o próximo ano, que foron aprobados en solitario polo PP sen admitir ningunha emenda da oposición.
Intercambio de reproches entre PSOE e PP no pleno extraordinario convocado en Vigo para debater as consecuencias da anulación do PXOM. Ambos os dous partidos acusan o outro de ser o responsable do sucedido.
El Diario destaca o "malestar no PSOE pola decisión de Pedro Sánchez de aprazar o congreso que decidirá o seu futuro"
Rajoy e Sánchez reuniranse este mércores. O PP valoraría ofrecerlle ao PSOE a presidencia do Congreso para procurar apoio para a investidura.
Achegamento no cerco galego para un mínimo de cota para os barcos sen históricos. Acerga e Cerqueiros Galegos achegan posturas antes dunha nova xuntanz nas vindeiras horas.
O PSdeG propón a Modesto Pose como senador por designación autonómica. A Executiva Nacional dos socialistas propón o ex secretario provincial de Pontevedra para ocupar un posto na Cámara alta. Fernando Carlos Rodríguez e Jiménez Morán serán os elixidos polo PP.