Achegamento no cerco galego para un mínimo de cota para os barcos sen históricos. Acerga e Cerqueiros Galegos achegan posturas antes dunha nova xuntanz nas vindeiras horas.
Fálase
O PSdeG propón a Modesto Pose como senador por designación autonómica. A Executiva Nacional dos socialistas propón o ex secretario provincial de Pontevedra para ocupar un posto na Cámara alta. Fernando Carlos Rodríguez e Jiménez Morán serán os elixidos polo PP.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia convoca a vixésima edición dos María Casares. O prazo para a inscrición de espectáculos está aberto dende este martes e ata o 11 de xaneiro.
Junts pel Sí e a CUP acadan un preacordo para a formación de goberno en Catalunya. As formacións explican este mediodía a proposta de pacto que, como fora anunciado, tería que ser ratificado pola asemblea da CUP para poder aplicarse.
Dúas investigadoras do ILG estudan os prexuízos da poboación cara ao seseo e a gheada. Cóntao GCiencia nesta reportaxe: O mapa mental do galego estigmatiza a gheada
O deputado electo de Ciudadanos pola Coruña xustifica de novo non ter propostas concretas para Galicia. "A comunidade autónoma galega pode ser como a de Aragón, hai problemática educativa, de emprego...", dixo Antonio Rodríguez nun debate postelectoral no programa 'Área pública', da TVG.
Rajoy procurará que PSOE e Ciudadanos lle permitan gobernar. Recólleo eldiario.es
Equipos de normalización rexeitan o Premio da Cultura Galega e culpan a Xunta dunha "falsa retórica".
PP, En Marea, PSdeG, Ciudadanos e NÓS debaten arestora na TVG a respecto do resultado das eleccións xerais. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón
Aznar aparece por sorpresa no comité executivo do PP, ao que non asistía dende 2011, para intervir na avaliación dos resultados electorais. (Imaxe difundida dende a conta oficial de Mariano Rajoy).