Aznar aparece por sorpresa no comité executivo do PP, ao que non asistía dende 2011, para intervir na avaliación dos resultados electorais. (Imaxe difundida dende a conta oficial de Mariano Rajoy).
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/56782dffdb0f3-cww4po3xiaaprts.jpg)
Aznar aparece por sorpresa no comité executivo do PP, ao que non asistía dende 2011, para intervir na avaliación dos resultados electorais. (Imaxe difundida dende a conta oficial de Mariano Rajoy).
#20D Se Galicia fose unha circunscrición única o PP perdería un escano, Ciudadanos tería un máis e NÓS acadaría representación
Albert Rivera pide a abstención do PSOE para permitir que o PP goberne en minoría. Está a contalo eldiario.es
Nas sete cidades galegas, PP e EnMarea afiánzanse como primeiras forzas. O PP con 10.000 votos máis ca Marea en Coruña; En Santiago, os populares gañan á candidatura de confluencia por 3.000 votos; Ourense, segue sendo feudo do PP, que adianta a EnMarea con 6.000 votos; En Pontevedra, o PP vai por diante de EnMarea por algo máis de 2.000 votos; Vigo pasa a ser bastión de EnMarea, con 10.000 votos máis có PP; En Lugo, o PP rolda os 5.000 sufraxios máis cá opción de esquerda e en Ferrol imponse o PP con 1.000 votos de diferenza
En Vigo, case co 90% escrutado, EnMarea sácalle 10.000 votos de vantaxe ao Partido Popular
Cidadáns entra con 1 deputado na Coruña que lle arrebata ao PP. Polo momento, en Galicia, PP 10, EnMarea, 6, PSOE, 6, Cidadáns 6
Practicamente co 55% escrutado as forzas con representación en Galicia, segundo o Ministerio do Interior, serían o PP con 342.613 votos e 11 deputados, EnMarea, con 204.780 votos e 6 deputados e o PSOE con 195.444 votos e tamén 6 deputados. EnMarea, polo momento, arrebataríalle a segunda posición ao PSOE
Comeza o escrutinio, de momento ao 12% en Galicia e ao 9% no conxunto do Estado. Podedes seguilo a través deste widget
A revista de análise Cambio16 pon en correlación a participación e o paro nesta infografía