O deputado electo de Ciudadanos pola Coruña xustifica de novo non ter propostas concretas para Galicia. "A comunidade autónoma galega pode ser como a de Aragón, hai problemática educativa, de emprego...", dixo Antonio Rodríguez nun debate postelectoral no programa 'Área pública', da TVG.
