Junts pel Sí e a CUP acadan un preacordo para a formación de goberno en Catalunya. As formacións explican este mediodía a proposta de pacto que, como fora anunciado, tería que ser ratificado pola asemblea da CUP para poder aplicarse.
Fálase
Dúas investigadoras do ILG estudan os prexuízos da poboación cara ao seseo e a gheada. Cóntao GCiencia nesta reportaxe: O mapa mental do galego estigmatiza a gheada
O deputado electo de Ciudadanos pola Coruña xustifica de novo non ter propostas concretas para Galicia. "A comunidade autónoma galega pode ser como a de Aragón, hai problemática educativa, de emprego...", dixo Antonio Rodríguez nun debate postelectoral no programa 'Área pública', da TVG.
Rajoy procurará que PSOE e Ciudadanos lle permitan gobernar. Recólleo eldiario.es
Equipos de normalización rexeitan o Premio da Cultura Galega e culpan a Xunta dunha "falsa retórica".
PP, En Marea, PSdeG, Ciudadanos e NÓS debaten arestora na TVG a respecto do resultado das eleccións xerais. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón
Aznar aparece por sorpresa no comité executivo do PP, ao que non asistía dende 2011, para intervir na avaliación dos resultados electorais. (Imaxe difundida dende a conta oficial de Mariano Rajoy).
#20D Se Galicia fose unha circunscrición única o PP perdería un escano, Ciudadanos tería un máis e NÓS acadaría representación
Albert Rivera pide a abstención do PSOE para permitir que o PP goberne en minoría. Está a contalo eldiario.es
Nas sete cidades galegas, PP e EnMarea afiánzanse como primeiras forzas. O PP con 10.000 votos máis ca Marea en Coruña; En Santiago, os populares gañan á candidatura de confluencia por 3.000 votos; Ourense, segue sendo feudo do PP, que adianta a EnMarea con 6.000 votos; En Pontevedra, o PP vai por diante de EnMarea por algo máis de 2.000 votos; Vigo pasa a ser bastión de EnMarea, con 10.000 votos máis có PP; En Lugo, o PP rolda os 5.000 sufraxios máis cá opción de esquerda e en Ferrol imponse o PP con 1.000 votos de diferenza