O Vigo Rugby consegue a permanencia na División de Honra tras impoñerse por 38-11 ao Sant Cugat
Fálase
Mi Pequeño Vestidor, na categoría de Comercio, Ocio e Restauración; Karmah Yoga & Meditación, na de Educación e Formación; Cool Films Galicia, na de Cultura e Social; e Vamos a Vidas, na de Tecnoloxía, gañan os premios do congreso #InLugo, que vén de se clausurar na Deputación luguesa.
O CD Lugo imponse por 1-0 ao Mirandés e seguirá un ano máis na Segunda división. Quique Setién confirma, ao remate do partido, que continuará unha temporada máis como adestrador do equipo.
María Reimóndez gaña o premio Xerais de novela, Ledicia Costas obtén o Merlín e Eduardo Santiago, o premio Jules Verne. Os galardóns estanse a entregar a esta hora en San Simón. Máis información, este serán en Praza.
Esta tarde continúan os relatorios do congreso #InLugo de cultura dixital e redes sociais. A Fundación TIC segue a ofrecelo ao vivo en streaming.
O CD Lugo xoga esta tarde para certificar a permanencia na Segunda división coa continuidade de Quique Setién no aire. Prevese que o adestrador, a quen se considera artífice do ascenso do equipo hai dous anos, desvele o seu futuro tras o encontro co Mirandés. O xa ascendido Deportivo da Coruña, pola súa banda, xoga contra o Girona á procura do título de campión de liga.
Cadernos de Análise e Comunicación anuncia o seu peche. A publicación salienta "a deslealdade dalgúns medios dixitais do país, a falta de respecto de todos os partidos políticos, pero tamén a lexítima competencia doutros" como elementos "decisivos na nosa decisión de rematar o proxecto".
A cadea humana convocada polo BNG e secundada por outras organizacións na demanda da República galega vén de lograr arrodear o Parlamento. A información, hoxe en Praza.
Fracasan as convocatorias de concentracións na defensa da Monarquía. En Santiago a mobilización nin sequera chegou a poder celebrarse e só acudiu a Policía que a ía blindar, en Madrid acudiron unhas poucas persoas. (imaxe: @kalevorroka)
A abdicación forza a Madina a esixir disciplina de voto no debate da abdicación e dificulta o seu ascenso ao liderado do PSOE. Análise en El Diario.