A abdicación forza a Madina a esixir disciplina de voto no debate da abdicación e dificulta o seu ascenso ao liderado do PSOE. Análise en El Diario.
Fálase
O Concello de Santiago celebrou este venres a súa primeira Xunta de Goberno de só catro membros -acompañados dun técnico-, os únicos que forman parte do goberno municipal. Entre os asuntos aprobados estivo destinar case 190.000 euros aos fogos do Apóstolo.
A directora da oficina de emprego do Porriño foi destituída tras denunciar casos de enchufismo no Concello. Cóntao El País.
A Fundación TIC ofrece en streaming o congreso #InLugo, que se celebra na Deputación lucense dende este venres. Pódese seguir nesta ligazón.
Tres vicepresidentes do CSIC dimiten en bloque por discrepancias coa presidencia, que ocupa Emilio Lora Tamayo. O motivo das dimisións estaría relacionado co aumento da “burocracia” no CSIC nos últimos meses.
A Esquerda Plural busca forzar que a votación da lei de abdicación, o vindeiro mércores no Congreso, se faga "por chamamento", para que cada deputado e deputada "se retrate"
A Fiscalía non dá pechado a investigación pola morte de José Couso. A Audiencia Nacional rexeita o recurso da Fiscalía argumentando que o Convenio de Xenebra pecha máis que a reforma da xustiza universal aprobada polo PP. En El Diario.
El Periódico de Catalunya publicou este xoves un cadriño cunha parodia sobre a sucesión monárquica semellante á censurada en El Jueves. Tamén o británico The Times representa a abdicación de Juan Carlos I cunha coroa estragada.
Unha dirección provisional elixida en primarias coordinará Podemos ata o seu congreso fundacional, previsto para o outono. En El Diario.
As Cortes prevén proclamar rei a Felipe de Borbón o vindeiro día 19. Mentres, prepáranse mobilizacións diversas mobilizacións por un referendo sobre a forma do Estado, a prol dunha III República Española e tamén pola República galega, esta última impulsada por forzas soberanistas.