Unha dirección provisional elixida en primarias coordinará Podemos ata o seu congreso fundacional, previsto para o outono. En El Diario.
Fálase
As Cortes prevén proclamar rei a Felipe de Borbón o vindeiro día 19. Mentres, prepáranse mobilizacións diversas mobilizacións por un referendo sobre a forma do Estado, a prol dunha III República Española e tamén pola República galega, esta última impulsada por forzas soberanistas.
O TSXG abordará unha denuncia de Conde Roa contra o ex alcalde de Santiago e actual deputado socialista Xosé Sánchez Bugallo. A demanda refírese á polémica Finca do Espiño, cualificada de "pelotazo" por compañeiros de partido do popular. No Faro de Vigo.
Ofrécese para ser concelleira en Santiago a cidadá que denunciou os edís agora condenados por prevaricación.
El Jueves substituíu unha portada crítica coa Monarquía e retirou 60 mil exemplares que xa foran distribuídos. Varios colaboradores anuncian que están valorando abandonar a publicación. A decisión de eliminar esta portada partiu da empresa propietaria, RBA editores.
O colectivo 'Santiago de Corruptela' e outros grupos cidadáns convocan para as 20:00 desta tarde unha concentración "por unha cidade incorrupta" para "esixir a dimisión" do alcalde, Ángel Currás, e "dos concelleiros electos que van quedando".
Ademais do mundial de fútbol, Brasil tamén acollerá este verán o RoboCup 2014, a competición internacional de balompé xogado por robots.
Pontevedra acolle este venres e sábado a Feira da Miniciencia, que permitirá amosar 28 proxectos de investigación desenvolvidos nos últimos meses por ao redor de 300 escolares de primaria, no marco do programa Ponteciencia.
O TSXG anula o despedimento de Silvia Longueira como directora da Fundación Luís Seoane. O alto tribunal condena a entidade, dependente do Concello da Coruña, á readmisión "inmediata" da traballadora e a unha indemnización de 5.000 euros por danos morais.
O BCE baixa os tipos de xuro ao 0,15% e cobrará por que os bancos manteñan os cartos inmobilizados na entidade. En El Diario