Tres vicepresidentes do CSIC dimiten en bloque por discrepancias coa presidencia, que ocupa Emilio Lora Tamayo. O motivo das dimisións estaría relacionado co aumento da “burocracia” no CSIC nos últimos meses.
Fálase
A Esquerda Plural busca forzar que a votación da lei de abdicación, o vindeiro mércores no Congreso, se faga "por chamamento", para que cada deputado e deputada "se retrate"
A Fiscalía non dá pechado a investigación pola morte de José Couso. A Audiencia Nacional rexeita o recurso da Fiscalía argumentando que o Convenio de Xenebra pecha máis que a reforma da xustiza universal aprobada polo PP. En El Diario.
El Periódico de Catalunya publicou este xoves un cadriño cunha parodia sobre a sucesión monárquica semellante á censurada en El Jueves. Tamén o británico The Times representa a abdicación de Juan Carlos I cunha coroa estragada.
Unha dirección provisional elixida en primarias coordinará Podemos ata o seu congreso fundacional, previsto para o outono. En El Diario.
As Cortes prevén proclamar rei a Felipe de Borbón o vindeiro día 19. Mentres, prepáranse mobilizacións diversas mobilizacións por un referendo sobre a forma do Estado, a prol dunha III República Española e tamén pola República galega, esta última impulsada por forzas soberanistas.
O TSXG abordará unha denuncia de Conde Roa contra o ex alcalde de Santiago e actual deputado socialista Xosé Sánchez Bugallo. A demanda refírese á polémica Finca do Espiño, cualificada de "pelotazo" por compañeiros de partido do popular. No Faro de Vigo.
Ofrécese para ser concelleira en Santiago a cidadá que denunciou os edís agora condenados por prevaricación.
El Jueves substituíu unha portada crítica coa Monarquía e retirou 60 mil exemplares que xa foran distribuídos. Varios colaboradores anuncian que están valorando abandonar a publicación. A decisión de eliminar esta portada partiu da empresa propietaria, RBA editores.
O colectivo 'Santiago de Corruptela' e outros grupos cidadáns convocan para as 20:00 desta tarde unha concentración "por unha cidade incorrupta" para "esixir a dimisión" do alcalde, Ángel Currás, e "dos concelleiros electos que van quedando".