Cadernos de Análise e Comunicación anuncia o seu peche. A publicación salienta "a deslealdade dalgúns medios dixitais do país, a falta de respecto de todos os partidos políticos, pero tamén a lexítima competencia doutros" como elementos "decisivos na nosa decisión de rematar o proxecto".
Fálase
A cadea humana convocada polo BNG e secundada por outras organizacións na demanda da República galega vén de lograr arrodear o Parlamento. A información, hoxe en Praza.
Fracasan as convocatorias de concentracións na defensa da Monarquía. En Santiago a mobilización nin sequera chegou a poder celebrarse e só acudiu a Policía que a ía blindar, en Madrid acudiron unhas poucas persoas. (imaxe: @kalevorroka)
A abdicación forza a Madina a esixir disciplina de voto no debate da abdicación e dificulta o seu ascenso ao liderado do PSOE. Análise en El Diario.
O Concello de Santiago celebrou este venres a súa primeira Xunta de Goberno de só catro membros -acompañados dun técnico-, os únicos que forman parte do goberno municipal. Entre os asuntos aprobados estivo destinar case 190.000 euros aos fogos do Apóstolo.
A directora da oficina de emprego do Porriño foi destituída tras denunciar casos de enchufismo no Concello. Cóntao El País.
A Fundación TIC ofrece en streaming o congreso #InLugo, que se celebra na Deputación lucense dende este venres. Pódese seguir nesta ligazón.
Tres vicepresidentes do CSIC dimiten en bloque por discrepancias coa presidencia, que ocupa Emilio Lora Tamayo. O motivo das dimisións estaría relacionado co aumento da “burocracia” no CSIC nos últimos meses.
A Esquerda Plural busca forzar que a votación da lei de abdicación, o vindeiro mércores no Congreso, se faga "por chamamento", para que cada deputado e deputada "se retrate"
A Fiscalía non dá pechado a investigación pola morte de José Couso. A Audiencia Nacional rexeita o recurso da Fiscalía argumentando que o Convenio de Xenebra pecha máis que a reforma da xustiza universal aprobada polo PP. En El Diario.