VÍDEO | A TVG celebra o vixésimo terceiro aniversario do Xabarín Club cun vídeo no que o popular porco bravo lembra o enorme éxito que o espazo televisivo acadou durante os anos 90
Fálase
VÍDEO | O alcalde do Porto aposta por "aprofundar a ligação entre o Norte de Portugal e a Galiza" durante a recepción a Feijóo, na que a Cámara Municipal portuense entregou ao presidente da Xunta a Medalha Municipal de Honra da Cidade. A xuízo de Rui Moreira, "a nossa eurorregião é um exemplo de cooperação transfronteiriça", ao que Feijóo agregou a necesidade de "competitividade leal" e "cooperación honesta". (Imaxe: Filipa Brito)
Rajoy, citado como testemuña polo tribunal que xulga o caso Gürtel. Os maxistrados aceptan a petición da acusación popular malia á oposición da fiscal, que non cre que o presidente do Goberno de España e líder do PP poida achegar nada novo sobre a 'caixa B' do seu partido.
A primeira ministra británica propón convocar eleccións xerais no Reino Unido. Theresa May aposta por celebrar os comicios anticipados o vindeiro 8 de xuño e apela á necesidade dun "liderado forte" no contexto do Brexit. No sistema británico a convocatoria de eleccións anticipadas precisa dende 2011 que a primeira ministra perda a confianza do Parlamento ou que dous terzos deste apoien a convocatoria.
Desconvocada a folga de limpeza en Lugo que ía comezar este martes. Sindicatos e patronal continúan coas negociacións para desbloquear o conflito colectivo.
A patronal coruñesa urxe a Xunta a probar a venda das centrais que Ferroatlántica aínda non pediu. O director financeiro da empresa expón o plan industrial ao presidente dos empresarios antes que a Industria.
A cifra de médicos galegos que emigran ao estranxeiro é a máis alta desde 2010. Nos últimos sete anos, case 800 doutores fixeron as maletas e marcharon do país.
O gasto público en colexios concertados no Estado marcou un récord en 2015. O ensino público recibiu, no entanto, 7.200 millóns de euros menos que en 2009.
Morre Carlos Slepoy, avogado impulsor da querela arxentina contra o franquismo e letrado da acusación popular contra o ditador Pinochet ou contra o ex-militar arxentino Adolfo Scilingo.
O Goberno de Portugal reduce os estudantes por aula na escola pública ata niveis previos aos recortes de 2013. O plan comezará polas escolas de "territórios economica e socialmente desfavorecidos, marcados pela pobreza e exclusão social". Cóntao o xornal Público. Portugal vén experimentando unha forte diminución do abandono escolar temperán, con especial incidencia no norte.