O gasto público en colexios concertados no Estado marcou un récord en 2015. O ensino público recibiu, no entanto, 7.200 millóns de euros menos que en 2009.
Fálase
Morre Carlos Slepoy, avogado impulsor da querela arxentina contra o franquismo e letrado da acusación popular contra o ditador Pinochet ou contra o ex-militar arxentino Adolfo Scilingo.
O Goberno de Portugal reduce os estudantes por aula na escola pública ata niveis previos aos recortes de 2013. O plan comezará polas escolas de "territórios economica e socialmente desfavorecidos, marcados pela pobreza e exclusão social". Cóntao o xornal Público. Portugal vén experimentando unha forte diminución do abandono escolar temperán, con especial incidencia no norte.
VÍDEO | Política Lingüística defende como "lóxico" e "normal" que o alumnado formado en Galicia realice o exame de galego nas probas de acceso á universidade. O secretario xeral, Valentín García, retruca así á solicitude de dúas estudantes de Santiago, que xuntaron firmas para evitar o exame porque realizaron un dos cursos do Bacharelato fóra de Galicia. Cóntao Nós TV
Denuncian que a empresa de autobuses que cobre a liña entre Santiago e Lugo vendeu máis billetes que prazas dispoñibles, obrigando varias persoas a viaxaren de pé. Un usuario denunciou á Garda Civil a situación, que a Empresa Freire ve "anecdótica". Recólleo Radio Lugo
O edil de Culturas da Coruña declara nos xulgados como investigado polo cartel do Entroido. José Manuel Sande foi acompañado por membros da Marea Atlántica, representantes de En Marea e mais membros de comparsas entroideiras da cidade. A información, hoxe en Praza.
O DOG publica este luns a convocatoria das oposicións de educación, con 1.043 prazas das que 912 son de novo ingreso. Pódese consultar íntegra nesta ligazón
O 75% dos cataláns amósase de acordo cun referendo pero o 66% aposta por que sexa pactado. O 42% votaría a prol da independencia, fronte ao 40% que votaría polo 'non', segundo unha enquisa para La Vanguardia.
Un terremoto en Triacastela de 3,5 graos sentiuse en boa parte da provincia de Lugo. Sarria, Becerreá, O Courel, Monforte, Chantada ou a capital notaron o tremor.
As once plantas de reciclaxe previstas pola Xunta seguen sen executarse sete anos despois. Galicia só reutiliza o 5% do lixo e en 2020 deberá chegar ao 50%. Cóntao o Faro de Vigo.