Denuncian que a empresa de autobuses que cobre a liña entre Santiago e Lugo vendeu máis billetes que prazas dispoñibles, obrigando varias persoas a viaxaren de pé. Un usuario denunciou á Garda Civil a situación, que a Empresa Freire ve "anecdótica". Recólleo Radio Lugo
Fálase
O edil de Culturas da Coruña declara nos xulgados como investigado polo cartel do Entroido. José Manuel Sande foi acompañado por membros da Marea Atlántica, representantes de En Marea e mais membros de comparsas entroideiras da cidade. A información, hoxe en Praza.
O DOG publica este luns a convocatoria das oposicións de educación, con 1.043 prazas das que 912 son de novo ingreso. Pódese consultar íntegra nesta ligazón
O 75% dos cataláns amósase de acordo cun referendo pero o 66% aposta por que sexa pactado. O 42% votaría a prol da independencia, fronte ao 40% que votaría polo 'non', segundo unha enquisa para La Vanguardia.
Un terremoto en Triacastela de 3,5 graos sentiuse en boa parte da provincia de Lugo. Sarria, Becerreá, O Courel, Monforte, Chantada ou a capital notaron o tremor.
As once plantas de reciclaxe previstas pola Xunta seguen sen executarse sete anos despois. Galicia só reutiliza o 5% do lixo e en 2020 deberá chegar ao 50%. Cóntao o Faro de Vigo.
A reforma do PP da lei do Constitucional asenta a absolución de ducias de evasores fiscais. A mudanza permítelle ao tribunal impoñer ao Supremo e a outros tribunais o seu criterio sobre a prescrición dos delitos.
O reconto do referendo turco outorga a vitoria de forma axustada (51,3% fronte a 48,7%) ao si defendido por Erdogan pero a oposición cuestiona o resultado e acusa de fraude ao Goberno.
Os primeiros resultados danlle a vitoria a Erdogan no referendo que lle pode outorgar máis poder. Cun 60 por cento dos votos escrutados, o si obtén un 56% dos apoios. A participación foi moi importante en todo o país. O reconto pódese seguir aquí
Senllas enquisas en El País e La Vanguardia confirman o afundimento de PDeCat, que acadaría ente o 11% e o 15% dos votos, loitando pola segunda posición con Ciudadanos e Catalunya Sí que es Pot. ERC crecería a custa da antiga Convergència e das CUP e obtería entre o 26% e o 29% dos sufraxios, gañando con claridade unhas hipotéticas eleccións.