O DOG publica este luns a convocatoria das oposicións de educación, con 1.043 prazas das que 912 son de novo ingreso. Pódese consultar íntegra nesta ligazón
Fálase
O 75% dos cataláns amósase de acordo cun referendo pero o 66% aposta por que sexa pactado. O 42% votaría a prol da independencia, fronte ao 40% que votaría polo 'non', segundo unha enquisa para La Vanguardia.
Un terremoto en Triacastela de 3,5 graos sentiuse en boa parte da provincia de Lugo. Sarria, Becerreá, O Courel, Monforte, Chantada ou a capital notaron o tremor.
As once plantas de reciclaxe previstas pola Xunta seguen sen executarse sete anos despois. Galicia só reutiliza o 5% do lixo e en 2020 deberá chegar ao 50%. Cóntao o Faro de Vigo.
A reforma do PP da lei do Constitucional asenta a absolución de ducias de evasores fiscais. A mudanza permítelle ao tribunal impoñer ao Supremo e a outros tribunais o seu criterio sobre a prescrición dos delitos.
O reconto do referendo turco outorga a vitoria de forma axustada (51,3% fronte a 48,7%) ao si defendido por Erdogan pero a oposición cuestiona o resultado e acusa de fraude ao Goberno.
Os primeiros resultados danlle a vitoria a Erdogan no referendo que lle pode outorgar máis poder. Cun 60 por cento dos votos escrutados, o si obtén un 56% dos apoios. A participación foi moi importante en todo o país. O reconto pódese seguir aquí
Senllas enquisas en El País e La Vanguardia confirman o afundimento de PDeCat, que acadaría ente o 11% e o 15% dos votos, loitando pola segunda posición con Ciudadanos e Catalunya Sí que es Pot. ERC crecería a custa da antiga Convergència e das CUP e obtería entre o 26% e o 29% dos sufraxios, gañando con claridade unhas hipotéticas eleccións.
Rodrigo Rato branqueou cartos cando era ministro e director do FMI. O ex vicepresidente facturou presuntamente 31,2 millóns de euros a través dunha offshore, segundo un informe xudicial que cita El Mundo. Rato abandonou o FMI dous días despois de ser interrogado por estes investimentos opacos
Un pequeno xornal familiar dunha vila de Iowa gaña o premio Pulitzer por enfrontarse a empresas contaminantes. The Storm Lake Times, cunha tirada de 3.000 exemplares, descubriu que a administración do condado utilizaba doazóns destas compañías para pagar unha demanda por ter permitido vertidos aos ríos que fornecen de auga potable á comunidade