#folgaxeral Os sindicatos sinalan que apenas uns "200 ou 300" traballadores acudiron aos seus postos na sede central da Xunta, en San Caetano. Nun día ordinario son máis de 2.000.
Fálase
#folgaxeral Ás oito da mañá o consumo eléctrico (23.699 megavatios) era un 20,33% inferior ao do pasado xoves (31.002 megavatios) e semellante ao dun domingo (ao redor de 22 mil megavatios), segundo datos de Red Eléctrica de España
E tamén as das cabeceiras de dereitas, como Gaceta: "España quiere trabajar, los sindicatos la paran", ABC: "Luís de Guindos: La reforma laboral es vital para la recuperación" e sobre todo La Razón: "Trabaja por España"
Nas portadas das cabeceiras impresas, destacan as de El Periodico de Catalunya, que baixo un gran titular 29M Pulso General sitúa un editorial titulado Justa, sea útil o no
#folgaxeral A CIG salienta a actitude dalgúns comercios, coma Frutas Vilar, en Vigo
#folgaxeral Están pechadas as estacións de autobuses de Santiago, Lugo e Coruña
#folgaxeral A CIG denuncia que un cámara foi detido violentamente en Vigo por filmar un piquete en Alcampo e trasladado á comisaría. Nestes momentos está sendo atendido nun centro médico para tratar as contusións sufridas.
#folgaxeral Imaxe do piquete informativo que está a percorrer as rúas de Ferrol (via @galizacig)
#folgaxeral Segundo @UGT_Galicia Paro total na actividade portuaria de Vigo, PSA-Citroen e empresas auxiliares do automobil.
#folgaxeral A demanda eléctrica en España ás dúas da mañá (21.087 megavatios) é un 15% inferior á da mesma hora do pasado xoves (25.065), segundo datos de Red Eléctrica de España