#folgaxeral A demanda eléctrica en España ás dúas da mañá (21.087 megavatios) é un 15% inferior á da mesma hora do pasado xoves (25.065), segundo datos de Red Eléctrica de España
Fálase
TV3, Canal Sur, Telemadrid e Canal9 non emiten. #folgaxeral
#folgaxeral Os sindicatos falan dun inicio "masivo" do paro xeral. En Galicia os continxentes máis numerosos de piquetes informativos desprazáronse polas principais rúas de Vigo, onde deron o porto por "parado". Ademais, a recollida de lixo paralizouse en cando menos cinco das sete cidades e o seguimento foi "do 100%" no naval ferrolán e outras grandes empresas da comarca. No conxunto do Estado, a demanda enerxética experimenta unha sensible baixada. Praza Pública ofrecerá cobertura da xornada de folga dende primeiras horas da mañá.
#folgaxeral Importantísima presenza policial no Ensanche de Santiago, onde os piquetes informativos entraron nun establecemento comercial que pecha de madrugada
#folgaxeral Comisións Obreiras cifra xa nun 72% o seguimento do paro en Correos no conxunto do Estado
#folgaxeral A xornalista Olga Rodríguez amosa esta imaxe da Gran Vía de Madrid, ateigada de membros de sindicatos que comezan a xornada de paro xeral
#folgaxeral Un dos indicadores máis recorrentes nunha xornada de folga é o consumo enerxético. Aquí podedes consultalo.
#folgaxeral CCOO asegura que hai un 100% de seguimento do paro en empresas como Zara Loxística, Alcoa Inespal, Endesa As Pontes, Cespa A Coruña, Navantia Ferrol, Navantia Fene Rodman Polyship, Televés, Valoriza, Castrosua, Electrorayma ou Galfor.
#folgaxeral A CIG sinala que non sairán á rúa as edicións de Faro de Vigo nin El País Galicia
#folgaxeral A CIG informa da parada da recollida de lixo en cinco cidades do país