#folgaxeral Un dos indicadores máis recorrentes nunha xornada de folga é o consumo enerxético. Aquí podedes consultalo.
Fálase
#folgaxeral CCOO asegura que hai un 100% de seguimento do paro en empresas como Zara Loxística, Alcoa Inespal, Endesa As Pontes, Cespa A Coruña, Navantia Ferrol, Navantia Fene Rodman Polyship, Televés, Valoriza, Castrosua, Electrorayma ou Galfor.
#folgaxeral A CIG sinala que non sairán á rúa as edicións de Faro de Vigo nin El País Galicia
#folgaxeral A CIG informa da parada da recollida de lixo en cinco cidades do país
Os sindicatos aseguran que a actividade portuaria do peirao de Vigo está totalmente paralizada.
#folgaxeral A empresa Cespa, que recolle o lixo na Coruña, detén a súa actividade
Un piquete informativo da CIG, formado por unhas 500 persoas, percorre o centro de Vigo, sen ningún incidente.
Varios usuarios das redes sociais destacan que algúns xornais impresos se repartiron en Vigo e Compostela antes das doce da noite para evitar a folga xeral.
Folga xeral. Sen incidentes cos milleiros de piquetes que xa percorren as rúas das cidades galegas. Na imaxe, Vigo, onde os piquetes son especialmente numerosos a estas horas.
As emisións de TeleMadrid e Canal Sur suspéndense por mor da folga xeral. Ambas canles ofrecen unha imaxe fixa explicándoo.