Folga xeral. Sen incidentes cos milleiros de piquetes que xa percorren as rúas das cidades galegas. Na imaxe, Vigo, onde os piquetes son especialmente numerosos a estas horas.
Fálase
As emisións de TeleMadrid e Canal Sur suspéndense por mor da folga xeral. Ambas canles ofrecen unha imaxe fixa explicándoo.
Folga xeral. UGT Galicia informa de que o paro é total na recollida de lixo de Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo e Pontevedra.
Toxo e Méndez piden respectar o dereito á folga xeral e comparan as roldas de prensa previstas polo Goberno de Mariano Rajoy cos "partes de guerra", xa que "das cinco, catro son do Ministerio do Interior".
Comeza a xornada de folga xeral, que en Galicia interromperá todos os servizos ferroviarios de Renfe e provocará a cancelación de, polo menos, 58 voos con destino ou orixe no país.
Luis de Guindos afirma que o Goberno "non vai ceder ante a folga" porque iso suporía "afondar na crise".
O PP acusa a TVE de "acirrar" a folga xeral e de "silenciar as voces das organizacións contrarias á protesta"
José Ignacio Wert, recibido con protestas na UNED. Un cento de traballadores apupan o ministro polos recortes de persoal interino na UNED
España é o sexto país da UE que máis alcohol consume por habitante e ano (11.5 litros de alcohol puro, máis de 80 de cervexa), segundo un estudo da OMS. Por diante só están Luxemburgo, Francia, Irlanda, Hungría e República Checa.
Esta fin de semana ábrese en Vilalba a tempada de festivais de música, co FIV (Festival Internacional de Vilalba). O seu responsable, Jesús Bermúdez salienta que ''O FIV é a marca moderna que xa identifica a Vilalba''