Luis de Guindos afirma que o Goberno "non vai ceder ante a folga" porque iso suporía "afondar na crise".
Fálase
O PP acusa a TVE de "acirrar" a folga xeral e de "silenciar as voces das organizacións contrarias á protesta"
José Ignacio Wert, recibido con protestas na UNED. Un cento de traballadores apupan o ministro polos recortes de persoal interino na UNED
España é o sexto país da UE que máis alcohol consume por habitante e ano (11.5 litros de alcohol puro, máis de 80 de cervexa), segundo un estudo da OMS. Por diante só están Luxemburgo, Francia, Irlanda, Hungría e República Checa.
Esta fin de semana ábrese en Vilalba a tempada de festivais de música, co FIV (Festival Internacional de Vilalba). O seu responsable, Jesús Bermúdez salienta que ''O FIV é a marca moderna que xa identifica a Vilalba''
FACUA-Consumidores en Acción invita os consumidores a promover o impacto da Folga Xeral absténdose de mercar ou contratar ningún produto ou servizo nunha #FolgaGlobal #HuelgaGlobal
O BNG leva ao Parlamento a destitución de Blanca Cendán como directora do Centro Dramático Galego. Considérana un acto de "censura" e unha actitude "antidemocrática intolerábel". Faino a través dunha pregunta rexistrada onte.
O TSXG vén de desestimar a suspensión cautelar dos servizos mínimos que solicitaran os sindicatos para a folga xeral convocada para este xoves. No auto emitido este mediodía o alto tribunal desestimou a suspensión solicitada polos sindicatos CCOO e UGT, que denunciaban servizos mínimos "abusivos" en xustiza e CRTVG.
A Asociación de Futbolistas Españois (AFE) apoia a folga xeral e amosa a súa solidariedade cos traballadores.
A portavoz do Goberno de Conde Roa, Paula Prado, pide a dimisión do portavoz do PSdeG no Concello de Santiago e ex alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.