A portavoz do Goberno de Conde Roa, Paula Prado, pide a dimisión do portavoz do PSdeG no Concello de Santiago e ex alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.
Fálase
O voto emigrante dálle o escano 17 ao PSOE en Asturias. UPyD, chave do Goberno do Principado.
Os servizos de seguridade do Parlamento vétanlle o acceso ao hemiciclo ao secretario xeral da CIG-Ensino, Anxo Louzao. Aínda que fora convidado polo BNG polos cauces ordinarios, a presidenta da Cámara xustifica o veto porque "foi expulsado" nunha sesión anterior durante unha protesta. Louzao denuncia "persecución sindical".
Esperanza Aguirre chama a traballar o 29-M e insta a sacar fotos dos piquetes que coaccionen. A presidenta da Comunidad de Madrid chama "a todos os cidadánas a ir traballar mañá" e a denunciar á Policía "calquera acto de violencia ou coacción dos piquetes" e insta tamén a "colgar nas redes sociais fotografías e vídeos" que demostren as supostas coaccións.
Os afectados polas preferentes manifestaranse o venres en Santiago. A Coordinadora de Afectados polas participacións preferentes do Morrazo convoca ás 11 horas unha manifestación en Compostela o día 30, que sairá da Praza de Galicia e rematará diante do Parlamento.
Leo Bassi actuará en Santiago. Tras o veto do concello pola "repugnancia" que lle produce ao alcalde, anuncia que o seu espectáculo se celebrará na Facultade de Ciencias da Comunicación o 12 de abril.
O ministro de Cultura, José Ignacio Wert, anuncia máis axudas para as touradas porque é "un ben cultural" e argumenta que o Goberno de Francia tenta que sexan patrimonio inmaterial da humanidade, algo que o Executivo dese país nega. "“En Catalunya non haberá máis touros, a non ser que veñan coa lexión", dille ERC. Información e vídeo en Público.
O Eurogrupo non ve "necesidade ningunha" de que España recorra ao fondo de rescate para reestruturar a banca. Ademais, cre que o plan do Goberno para obrigar ás entidades a sanear os activos inmobiliaarios tóxicos xa está dando resultados.
O PSdeG presenta unha iniciativa para garantir a supervivencia do Centro Galego de Bos Aires. A histórica institución da emigración galega atópase nunha grave situación económica e con risco e quebra logo de máis de cen anos de historia.
Toxo e Méndez prevén unha participación masiva na folga xeral. Os secretario xerais de UGT e CCOO, respectivamente, sinalan que, no entanto, o éxito do paro dependerá da influencia que teña no Goberno de Mariano Rajoy.