Un de cada cinco nenos galegos vive en situación de pobreza, segundo asegura Cáritas. Feijóo desdeñara hai uns días os datos desta entidade católica, ao igual que fixera o ministro Montoro.
Fálase
Ascenden a 11 os detidos na operación policial polos incidentes do 22M. Serían os presuntos autores dos ataques máis graves contra os antidisturbios, segundo asegura a policía.
A primeira peritaxe avala a tese da deficiente sinalización de Angrois. Un experto maquinista destaca os "erros" e "incoherencias" de Adif.
A empresa de autobuses de Vigo retira un anuncio a prol da República. Vitrasa aceptou primeiro a publicidade pero logo alegou que os seus contratos vetan as mensaxes políticas.
O Goberno concede aos príncipes e á raíña o privilexio de ser aforados. De seren imputados, só poderían ser xulgados ante o Tribunal Supremo. A medida inclúese na reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial.
A sección Movementos Sociais de Praza Pública, nominada aos Premios Luceira de comunicación social, oganizados pola Coordinadora Galega de ONGD, a Rede Galega contra a Pobreza e Cermi Galicia. Os galardóns buscan "visibilizar e poñer en valor o traballo colectivo das distintas iniciativas de comunicación social que existen no país e que dan cobertura ás temáticas do eido social achegando análise, reflexión e participación social".
- O xuízo contra os 7 edís de Compostela acusados de prevaricar por aprobar pagar con cartos públicos o avogado dun imputado na Pokémon celebrarase o 19 de maio. Así o vén de confirmar o alcalde, Ángel Currás.
Novagalicia Banco manterá o ERE e deixará o cadro de persoal en 3.300 persoas. Haberá baixada de salarios e de xornada para evitar máis despidos. Máis información, esta tarde en Praza.
Docentes dos cursos CELGA despedidos pola Xunta véñense de pechar na Secretaría Xeral de Política Lingüística (foto: @susobermello)
O BNG presenta a esta hora a súa nova sintonía, creada por Ugia Pedreira e Óscar Fernández