Docentes dos cursos CELGA despedidos pola Xunta véñense de pechar na Secretaría Xeral de Política Lingüística (foto: @susobermello)
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/533e829b103d9-bkxxpcoiyaaefqb.jpg)
Docentes dos cursos CELGA despedidos pola Xunta véñense de pechar na Secretaría Xeral de Política Lingüística (foto: @susobermello)
O BNG presenta a esta hora a súa nova sintonía, creada por Ugia Pedreira e Óscar Fernández
Oito detidos e nove imputados nunha operación policial polos altercados do 22M. A operación Puma 70 iniciouse este venres.
Fenosa di que non se beneficia dos cobros excesivos que denuncian varios concellos. A compañía asegura nun comunicado que xa devolveu aos cartos reclamados aos 47 municipios e aclara que eses ingresos extras eran "para o sistema enerxético e non para a empresa".
O presidente da segunda empresa catalá aposta pola independencia e pídelle a Mas que "siga adiante" co proceso soberanista. O presidente da farmacéutica Grifols reclama "firmeza" á Generalitat.
A iniciativa Eu non manipulo, creada por persoal da CRTVG para denunciar casos de "manipulación informativa", fai hoxe un ano e agradece os apoios recibidos.
O DOG publica este venres o decreto de creación da nova Axencia Galega de Servizos Sociais, que implica a disolución do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar.
Pablo Iglesias gaña con máis do 60% as primarias de Podemos, nas que participaron máis de 33.000 persoas. En El Diario.
A Axencia Tributaria adxudícalle o servizo de atención telefónica a unha empresa condenada por vulnerar os dereitos do seu persoal. Cóntao El Diario
David Reboredo ten xa a liberdade condicional. En 2012 e 2013 unha gran mobilización social reclamou o indulto para este ex toxicómano vigués, completamente rehabilitado.