Alumnado de Filosofía da USC péchase na súa facultade para esixir que a materia non perda peso no ensino secundario, tal e como prevé a LOMCE. No seu blog presentan o seu manifesto.
Fálase
Repsol chega a un principio de acordo con YPF pola expropiación da súa filial na Arxentina pero mantén as tensións con Pemex, segundo El Confidencial
O galego Antón Costas é o novo presidente do influínte Cercle d'Economia catalán. El Periódico de Catalunya ofrece unha entrevista co economista vigués.
Montoro abre a porta a que as autonomías lle poidan cobrar impostos á banca mentres a Xunta o rexeita no Parlamento. En El Diario
Gz Vídeos recolle os momentos máis destacados da mobilización contra a violencia machista celebrada onte en Vigo.
Fomento instala vía única en treitos do AVE a Galicia, incumprindo así as súas propias promesas. Cóntao en El País
Un tapiz humano protagoniza os actos do Día contra a Violencia de Xénero en Vigo, que en Lugo levou ao enterro do polémico libro Cásate y sé sumisa.
A RAE non eliminará palabras "ofensivas" para a muller "se aínda se usan". Porén, a nova edición do dicionario eliminará as acepcións máis machistas dalgunhas palabras.
Wert pagaralles menos aos investigadores que De Guindos. A contía das bolsas FPI, que dependen de Economía, será dous mil euros anuais superior ás FPU, que outorga Educación. Até o de agora tiñan unha remuneración moi semellante, pois os seus beneficiarios realizan labores equiparables.