Fálase
Fomento instala vía única en treitos do AVE a Galicia, incumprindo así as súas propias promesas. Cóntao en El País
Un tapiz humano protagoniza os actos do Día contra a Violencia de Xénero en Vigo, que en Lugo levou ao enterro do polémico libro Cásate y sé sumisa.
A RAE non eliminará palabras "ofensivas" para a muller "se aínda se usan". Porén, a nova edición do dicionario eliminará as acepcións máis machistas dalgunhas palabras.
Wert pagaralles menos aos investigadores que De Guindos. A contía das bolsas FPI, que dependen de Economía, será dous mil euros anuais superior ás FPU, que outorga Educación. Até o de agora tiñan unha remuneración moi semellante, pois os seus beneficiarios realizan labores equiparables.
Este venres presentarase en Ferrol o documental de Xosé Bocixa Carga de Dignidade, que recolle a iniciativa artística que se celebrou na cidade hai uns meses en defensa do sector naval. Será ás 19 horas en Sargadelos, xusto antes da vixilia convocada pola iniciativa Ferrolterra esixe solucións
Decenas de empregados de Pórtico agardan dende as 7 da mañá ás portas da nave que a empresa ten en Mos, para recibir explicacións dalgún responsable da compañía, e despois de que o venres lles comunicasen o seu despedimento por teléfono
GCiencia comeza a súa andaina na Rede. Na súa primeira portada pódese atopar unha entrevista con David Fernández Calviño (AGE) no laboratorio de Copenhague no que traballa.
Esta mañá celébrase no Parlamento o debate de totalidade dos Orzamentos Xerais para 2014. Toda a información, hoxe en Praza.
Mantense a incerteza polo resultado das eleccións presidenciais en Honduras, as primeiras dende o golpe de Estado que acabou co goberno de Manuel Zelaya. O candidato oficialista Juan Orlando Hernández lidera o escrutinio co 34% dos votos, mentres que a esquerdista Xiomara Castro suma un 29%. Ambos os dous proclaman a súa vitoria.