GCiencia comeza a súa andaina na Rede. Na súa primeira portada pódese atopar unha entrevista con David Fernández Calviño (AGE) no laboratorio de Copenhague no que traballa.
Fálase
Esta mañá celébrase no Parlamento o debate de totalidade dos Orzamentos Xerais para 2014. Toda a información, hoxe en Praza.
Mantense a incerteza polo resultado das eleccións presidenciais en Honduras, as primeiras dende o golpe de Estado que acabou co goberno de Manuel Zelaya. O candidato oficialista Juan Orlando Hernández lidera o escrutinio co 34% dos votos, mentres que a esquerdista Xiomara Castro suma un 29%. Ambos os dous proclaman a súa vitoria.
Os fondos de investimento esixen transparencia na poxa de NCG. Desconfían de que a opacidade na privatización beneficie os bancos
Comeza unha semana de mobilizacións en Ferrolterra en defensa do sector naval e de solucións para a crise que atravesa a comarca. O venres celebrarase unha vixilia a partir das nove da noite, e o domingo está convocada unha gran manifestación.
Ratifícase que as fotos das protestas estudantís de Vigo, cualificadas de falsas pola Policía, eran reais. Nelas víanse cargas policiais e uso de bólas de goma, entre outras mostras de uso da forza.
En pouco máis de 3 horas comeza a andaina de GCiencia, o novo medio galego especializado en información científica.
Máis de 700 homes asasinaron as súas parellas ou ex parellas nos últimos 10 anos no Estado. Recólleo El Diario
O Ministerio do Interior e a Xunta contratan unha empresa da Coruña investigada por fraude. Cóntao El País
O Dépor sitúase como líder da Segunda División, ao derrotar 0-1 á Ponferradina e aproveitar o tropezo do Recreativo. Na 2ªB, vitoria do Rácing de Ferrol ante o Sporting B (3-1), empate do Celta B ante o Oviedo (2-2), derrota do Ourense en Guijuelo (2-1). Tamén cae o Coruxo en Avilés (2-0). Rácing e Ourense seguen nos postos altos da clasificación, en loita polo ascenso.