Os fondos de investimento esixen transparencia na poxa de NCG. Desconfían de que a opacidade na privatización beneficie os bancos
Fálase
Comeza unha semana de mobilizacións en Ferrolterra en defensa do sector naval e de solucións para a crise que atravesa a comarca. O venres celebrarase unha vixilia a partir das nove da noite, e o domingo está convocada unha gran manifestación.
Ratifícase que as fotos das protestas estudantís de Vigo, cualificadas de falsas pola Policía, eran reais. Nelas víanse cargas policiais e uso de bólas de goma, entre outras mostras de uso da forza.
En pouco máis de 3 horas comeza a andaina de GCiencia, o novo medio galego especializado en información científica.
Máis de 700 homes asasinaron as súas parellas ou ex parellas nos últimos 10 anos no Estado. Recólleo El Diario
O Ministerio do Interior e a Xunta contratan unha empresa da Coruña investigada por fraude. Cóntao El País
O Dépor sitúase como líder da Segunda División, ao derrotar 0-1 á Ponferradina e aproveitar o tropezo do Recreativo. Na 2ªB, vitoria do Rácing de Ferrol ante o Sporting B (3-1), empate do Celta B ante o Oviedo (2-2), derrota do Ourense en Guijuelo (2-1). Tamén cae o Coruxo en Avilés (2-0). Rácing e Ourense seguen nos postos altos da clasificación, en loita polo ascenso.
Máis de 200.000 persoas maniféstanse en Barcelona contra os recortes, a reforma laboral e das pensións e a precariedade, nunha marcha convocada pola plataforma Prou Retallades.
Finalizou a xornada na Terceira división. Boiro, Cerceda e Ordes encabezan a clasificación
Deportivo B 2-2 Boiro
Betanzos 1-2 Choco
Laracha 0-1 Grixoa
Bertamiráns 2-0 Cultural Areas
Barbadás 3-0 Ordes
As Pontes 2-0 Racing Vilalbés
Alondras 2-0 Dorneda
Cerceda 0-0 Arousa
Pontevedra 2-0 Negreira
Rápido de Bouzas 1-2 SomozasO blog dos traballadores da TVG, que denuncia a manipulación informativa na televisión pública, critica o tratamento dispensado ao secretario xeral do PSdeG-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro: "Besteiro sae para o malo, non para o bo"