Máis de 700 homes asasinaron as súas parellas ou ex parellas nos últimos 10 anos no Estado. Recólleo El Diario
Fálase
O Ministerio do Interior e a Xunta contratan unha empresa da Coruña investigada por fraude. Cóntao El País
O Dépor sitúase como líder da Segunda División, ao derrotar 0-1 á Ponferradina e aproveitar o tropezo do Recreativo. Na 2ªB, vitoria do Rácing de Ferrol ante o Sporting B (3-1), empate do Celta B ante o Oviedo (2-2), derrota do Ourense en Guijuelo (2-1). Tamén cae o Coruxo en Avilés (2-0). Rácing e Ourense seguen nos postos altos da clasificación, en loita polo ascenso.
Máis de 200.000 persoas maniféstanse en Barcelona contra os recortes, a reforma laboral e das pensións e a precariedade, nunha marcha convocada pola plataforma Prou Retallades.
Finalizou a xornada na Terceira división. Boiro, Cerceda e Ordes encabezan a clasificación
Deportivo B 2-2 Boiro
Betanzos 1-2 Choco
Laracha 0-1 Grixoa
Bertamiráns 2-0 Cultural Areas
Barbadás 3-0 Ordes
As Pontes 2-0 Racing Vilalbés
Alondras 2-0 Dorneda
Cerceda 0-0 Arousa
Pontevedra 2-0 Negreira
Rápido de Bouzas 1-2 SomozasO blog dos traballadores da TVG, que denuncia a manipulación informativa na televisión pública, critica o tratamento dispensado ao secretario xeral do PSdeG-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro: "Besteiro sae para o malo, non para o bo"
Este martes, día 26, preestréase no CGAC de Compostela O instante eterno, o documental sobre Díaz Castro no que o escritor e guionista Xosé Antón Cascudo leva traballando desde o 2011. A estrea do filme está fixada para o 19 de febreiro do 2014, centenario do nacemento do poeta, ao que se lle dedican as Letras do vindeiro ano.
Máis dun cento de afectados pola cláusula solo participan nuna cazolada en Vigo. "Non imos aceptar que a banca quede impune polo seu papel na crise", sinalaron os protestantes, que engadiron que "son moitos os cidadáns que están cansos dos abusos dos bancos"
A petición online para solicitarlle á UNESCO que non atenda a petición do Goberno español para declarar as touradas como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade suma máis de 222 mil sinaturas.
O Lugo cae derrotado na casa ante o Sporting de Xixón (1-3), no partido estrela da xornada na División de Prata.