O FMI calcula que a banca española precisa capital por 40.000 millóns de euros. O Goberno non decidirá ata que o informe sexa oficial.
Fálase
Bruxelas ve "disparatadas" as cifras sobre as necesidades da banca española, como as dadas polo eurodeputado do PP López-Istúriz, que calcula que as entidades estatais precisarían entre 80.000 e 100.000 millóns.
Novagalicia Banco precisaría 3.400 millóns de euros do Estado para poder cumprir cos decretos de saneamento do Goberno. Así o tería confirmado o subgobernador do Banco de España, Javier Aríztegui, tal e como informa El Mundo e a Cadena Ser.
Un dirixente do partido neonazi grego Amencer Dourado agrede a dúas deputadas, unha de Syriza e outra do Partido Comunista, durante un debate televisivo. En RTVE. A formación ultra logrou unha vintena de deputados nas últimas eleccións en Grecia.
Traballadores do naval percorreron oito quilómetros a pé para demandar carga de traballo. Os sindicatos chaman á poboación a apoiar a gran manifestación do domingo, cuxo manifesto será lido polo actor ferrolán Javier Gutiérrez. Imaxe de @xmiguelmahia
O BNG leva a Bruxelas as preferentes. A europarlamentaria Ana Miranda pide á Comisión que ditamine se a compravenda destes produtos cumpriu a legalidade e considera “inadmisible” que a Xunta presente ao Executivo da Unión. Máis información esta tarde en Praza.
#consellodaxunta A Xunta aproba destinar 5,5 millóns de euros a contratos predoutorais para 2011 e 2012.
#consellodaxunta A Xunta concédelle a Medalla Castelao á ex conselleira e ex candidata do PP en Lugo Manuela López Besteiro, ao xurista Román García, ao pediatra Federico Martinón, ao ex adestrador do Deportivo e seleccionador galego, Arsenio Iglesias e ao futbolista Míchel Salgado
#consellodaxunta O Goberno inicia os trámites da Lei de Investigación e Innovación. Xunto ao presidente comparece o conselleiro de Industria, Javier Guerra.
#consellodaxunta A Xunta aproba o decreto que regula as apostas deportivas en Galicia