#consellodaxunta A Xunta aproba destinar 5,5 millóns de euros a contratos predoutorais para 2011 e 2012.
Fálase
#consellodaxunta A Xunta concédelle a Medalla Castelao á ex conselleira e ex candidata do PP en Lugo Manuela López Besteiro, ao xurista Román García, ao pediatra Federico Martinón, ao ex adestrador do Deportivo e seleccionador galego, Arsenio Iglesias e ao futbolista Míchel Salgado
#consellodaxunta O Goberno inicia os trámites da Lei de Investigación e Innovación. Xunto ao presidente comparece o conselleiro de Industria, Javier Guerra.
#consellodaxunta A Xunta aproba o decreto que regula as apostas deportivas en Galicia
Catro mil trabaladores do naval invaden a autopista de Ferrol nunha nova protesta na que volven reclamar carga de traballo. A manifestación prevé percorrer 8 quilómetros da cidade e cortará o tráfico en varios puntos.
Vídeo da intervención de Slavoj Žižek nun acto de apoio a Syriza, que o 17 de xuño podería gañar as eleccións en Grecia. Žižek afirmou que a colición de esquerdas é hoxe "a única oportunidade para Europa"
O Congreso aprobará unha iniciativa para castigar as "ofensas" ou "ultraxes" a España en acontecementos deportivos e logo da polémica cos asubíos ao himno na final da Copa. As multas poderían chegar aos 650.000 euros.
O G20 convida a Mariano Rajoy ao cumio que se celebrará en Los Cabos (México) e onde se abordará a crise da Eurozona.
La Opinión retransmite en directo en streaming a partir das 9.30 o pleno do Concello da Coruña
A ministra Báñez pídelle axuda á virxe do Rocío para saír da crise. Despois de encomendarse á imaxe este mércores, declarou que a virxe ”nos ha hecho un regalo en nuestra salida de la crisis y en la búsqueda del bienestar todos los días de los ciudadanos”